Os heredeiros do escultor Francisco Asorey e a Asociación Francisco Asorey constituíron unha comisión para a certificación da autoría de obras do escultor Francisco Asorey. Nesta comisión participan tanto membros da familia coma profesionais da arte que están a traballar na catalogación da obra de Asorey. Constitúese esta comisión para dar seguridade xurídica os propietarios, galeristas y compradores sendo esta comisión a única que emita certificados de autenticidade legais.
A comisión reunirase cuando se requira por un particular ou institución un certificado. Durante a celebración deste día das artes 2024 adicado a Francisco Asorey, para conmemorar dito recoñecemento da RAGBA, o servizo será gratuíto para a emisión de dito certificado. Os gastos de transporte das obras serán por conta do interesado así como tamén serán por conta do interesado os gastos de desprazamento dos membros da comisión no caso de que a obra non se poida transportar.