SAN FRANCISCO
Madeira policromada
1926
186x110x54
Museo Provincial de Lugo, propiedade do Museo de Arte Contemporánea Raíña Sofía
Representa a San Francisco de Asís en actitude case mística, co rostro transfigurado e cos brazos estendidos a modo de abrazo e acollida, deseñando unha cruz. O torso espido denota o coñecemento de anatomía de Asorey, mentres que o saial tapa a parte inferior do corpo e deixa ver a punta dos pés. Este está concibido como unha tea cosida de farrapos (para manifestar a pobreza que predicaba o santo) na que se ven as puntadas. É nestes retallos onde se fai máis evidente a policromía, retallos que forman unha cruz e que á altura do sexo son brancos en alusión á castidade. Aparece o cordón franciscano de tres nós e a indumentaria complétase cunha carapucha calada e orlada por follas de loureiro.
Pola parte traseira, o irmán lobo sobre un carballo aparece en actitude mansa, apoiando a cabeza no brazo dereito do santo e equilibrando a composición, posto que á esquerda aparecen as ramas do carballo.
Esta obra presenta a Exposición Nacional de 1926 (xunto con Santa), na que por fin lle outorgan a primeira medalla, que doa ao bando nacional para que a fundan.