SAGRADO CORAZÓN

Granito

1940

Colexio da Ensinanza, Santiago de Compostela

Destaca pola súa composición xeométrica e pola ausencia total de ocos. Concíbese como unha columna rota polos brazos estendidos, co cal se adquire a forma da cruz. A rixidez das formas está acentuada pola caída dos pregues, a modo de liñas sen movemento ningún. Sobre o peito, aparece o corazón rodeado dun feixe de raios. A cabeza tamén segue esta tendencia cubista e é unha esfera case perfecta. Ante esta composición ríxida, só o xesto das mans abertas cara ao espectador e o sorriso do rostro humanizan a figura e convértena no Cristo Redentor.