RETRATO DE LINO TORRE

Bronce

1923

58x56x34 cm

Depósito da USC

Lino Torre foi o primeiro reitor elixido polo Claustro no proceso de autonomía da Universidade, da que foi catedrático.

Destaca polo seu realismo, xa que reproduce fielmente os trazos fisionómicos e a serenidade e a tranquilidade do retratado, que aparece vestido coa toga, pero sen muceta (o traballo do pano é destacable, polo empeño en reproducir a calidade das teas) e coa súa medalla colgada.

Está asinada e datada.