Hoxe venres día dez de xuño rematou o prazo de inscripción no certame deste ano. En próximas datas publicaranse as obras inscritas nesta mesma web e o xurado do certame reunirase a deliberar para dar a coñecer ós finalistas. Moitas grazas a todos os que participáchedes este ano e grazas tamén a os nosos colaboradores institucionais: Xunta de Galicia, Deputación de Pontevedra e Concello de Cambados xa que sen eles sería moi difícil que este certame fose da calidade que é. Boa sorte a todos os participantes.