Monumento funerario María Gil
Granito e mármore
1922
Cemiterio de Pereiró, Vigo
Escultura funeraria encargada polo cineasta José Gil á morte da súa filla maior, María, que falece de tuberculose
A obra mostra a moza ergueita de acordo cos modelos clásicos e portando no seu colo botóns de flores, que aluden á mocidade, á primavera da vida, e que María acariña coa man esquerda. Tras ela espreita a figura da morte, que aspira a conseguir as flores da moza, que apoia a súa man dereita sobre a man osuda da morte.
A figura da moza está tallada en mármore, mentres que o granito está destinado á figura da morte (cuxo rostro e extremidades están tallados en mármore). O seu rostro é unha caveira de gran realismo anatómico, así como os seus pés, que asoman baixo o manto, do mesmo xeito que unha especie de cola traseira que asocia esta figura co averno.
Nesta tumba serán enterradas posteriormente as outras dúas fillas do Señor Don José, de aí a modificación do monumento, que no seu estado orixinal tiña visible a sinatura do escultor.
A obra está asinada e datada no pedestal.