BUSTO DE NÓVOA SANTOS
Bronce
1959
64,5x40x32,5 cm
Facultade de Medicina, Santiago de Compostela
Obra encargada polo decano de medicina, Ángel Jorge Echeverri, que Asorey conclúe apenas un ano
antes da súa morte.
Busto do patólogo da Universidade de Santiago de Compostela, Roberto Nóvoa Santos. Asorey utiliza o recurso dunha base rugosa e supostamente pouco traballada en que aparece a sinatura do autor, a partir da cal o material se suaviza para dar paso a un espléndido retrato psicolóxico. O rostro vírase cara ao ombreiro esquerdo, co que a mirada, algo cansa e de marcadas olleiras, se volve lixeiramente cara abaixo. Non por iso perde a expresión de certa tranquilidade e algo de cansazo. O pelo é tratado a modo de grandes guechos, de maneira impresionista.
Esta escultura estivo colocada primeiro nos xardíns que había tras a Facultade de Medicina, pero foi retirada (probablemente por motivos ideolóxicos e políticos) e esquecida. Pero unha inspección rutineira do cuarto de caldeiras do Hospital Clínico, no ano 1975, fai posible a súa recuperación. Precisamente, e coa morte de Franco, o decano e profesor Varela Núñez recupéraa para a facultade e dálle unha localización privilexiada.