Bronce
52x46x23
Colección Gil Armada
Asinada e datada no lateral dereito
Trátase do retrato do fillo do catedrático e senador Don Miguel Gil Casares, que faleceu moi novo, e quen pousou para a obra foi o seu irmán, de gran parecido físico. O bronce é traballado con suavidade e sen ningún tipo de arestas, co que lembra os mármores do Renacemento italiano. Esa suavidade que caracteriza a obra vese reforzada pola expresión do retratado, riseiro e infantil e dunha gran candidez.
Na parte inferior da obra, aparece a inscrición "Miguelito Gil y Armada", co escudo familiar entre o nome e o apelido