BAIXORELEVO DA SAGRADA FAMILIA

Madeira policromada

Ca. 1938

85x130x5

Colección particular

Óvalo marcadamente pronunciado concibido para decorar un cabezal de cama.

Trátase dun baixorrelevo de madeira lixeiramente policromada sen estucar en que se representa a sacra familia, que ocupa practicamente todo o espazo. O Neno ocupa o centro da escena, na que aparece interactuando cos seus proxenitores, efecto que consegue coa colocación das súas mans. É unha escena dinámica que lembra os modelos renacentistas. San Xosé e mais a Virxe mostran o seu fillo, orgullosos, ao que lle deixan todo o protagonismo. Son figuras novas. A Virxe é case unha nena e segue o modelo de Asorey; é dicir, é loura, de ollos azuis e ten as fazulas rosadas e o pelo louro. Viste unha roupaxe avermellada e unha capa esbrancuxada de marcados pregues e está toucada cunha aureola. San Xosé sostén a man do Neno e móstranolo orgulloso. E para lle dar maior protagonismo e movemento á escena, apártase del lixeiramente. Viste unha roupaxe en diferentes tons de azul e unha capa amarela. Aos lados, para encher o espazo, aparecen dous vasos con flores, rosas no caso da Virxe e lirios no de San Xosé.