COLÓN, MONUMENTO A CUBA
Xardíns do Retiro, Madrid
Mármore
Ca.1930. Inaugurado en 1952
A figura representa a Colón, pensativo e mirando cara á distancia, sentado sobre un bloque de pedra no cal aparecen labradas as carabelas. Entre as mans sostén o globo terráqueo, moldeándoo, posto que aínda se ve plano dende o lado esquerdo del.
Convén salientar o estudo anatómico: as mans, os brazos e os pés revelan unha traballadísima anatomía que transmite unha forza, empeño e dinamismo case sobrehumanos, valores que se supón que ten o almirante. Este represéntase vestido con roupa de época e amplo manto lateral á súa esquerda traballado a modo de grilandas, e é precisamente unha sarta de grilandas a que encadra a figura pola dereita.
O monumento é unha homenaxe aCuba, onde se fixo o seu equivalente a España. É custeado a través dunha achegapública dende todos os puntos de España e para a súa execución contrátanse osmellores escultores do momento. Así, Mariano Benlliure encargouse das figurasen bronce do baseamento, que representan animais exóticos; Miguel Blay é oencargado de executar a figura de Cuba que remata o monumento, mentres que JuanCristóbal se encarga de realizar nun lateral (no outro está Colón) a figura deIsabel a Católica.